viernes, 19 de febrero de 2021

Taxonomía de Bloom


 A modo de resumo  debemos saber que a  taxonomía de Bloom foi deseñada por  Benjamin Bloom en 1956 e algúns programas educativos, como o noso programa de matemáticas para Infantil e Primaria  EMAT, aplícana no seu programa. O obxectivo desta teoría é que despois de realizar un proceso de aprendizaxe, o alumno adquira novas habilidades e coñecementos.

Por este motivo, consta dunha serie de niveis construídos co propósito de asegurarnos, como docentes, unha aprendizaxe significativa que perdure durante toda a vida. Os niveis da  taxonomía de Bloom son: coñecer, comprender, aplicar, analizar, avaliar e crear.

Na miña opinión, deberíamos aplicar máis este deseño educativo nas aulas, pois considero que esta é ao meu parecer a mellor forma de facer aos alumnos aprender e comprender, sen a parte de puro tragar o temario.

Fonte: https://www.tekmaneducation.com/blog/taxonomia-de-bloom/#:~:text=El%20objetivo%20de%20esta%20teoría,adquiera%20nuevas%20habilidades%20y%20conocimientos.&text=Los%20niveles%20de%20la%20taxonomía,%2C%20analizar%2C%20evaluar%20y%20crear.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Despedida

 Tras longos meses de redacción e entradas, chega o fin dun curso,  ultimo da nosa etapa no colexio.  Queria agradecer a todos aqueles que e...