O hinduismo é unha relixión (dharma) amplamente practicada no Sur de Asia. Os hinduistas cren que a súa é a relixión máis antiga do mundo, e refírense a ela como « sanatana dharma» (‘relixión eterna’). Os eruditos consideran ao hinduismo como unha fusión ou síntese de varias culturas e tradicións indias, con diversas raíces e sen ningún fundador. Este sincretismo hinduista comezou a desenvolverse entre o ano 500 e o 300 antes de nosa era, seguindo as pautas da relixión védica (que existiu entre o 1500 e o 700 a. C.).
O hinduismo contén moi diversas doutrinas pero mantén raíces comúns: rituais recoñecidos, cosmología e peregrinación a lugares sacros. Os textos hinduistas están clasificados en ś ruti (‘oído’ directamente dos deuses) e smriti (‘lembrado’, froito da tradición). Estes textos discuten temas tales como teoloxía, mitoloxía, ioga, rituais do āgama e matemática básica para a construción de templos e de altares, entre outros. As principais escrituras inclúen os catro Vedas, os Upanishads, a Bhagavad- gī tā, e as Āgama. As fontes destes textos xogan un papel importante nesta relixión, pero hai unha forte tradición hinduista que cuestiona a súa autoridade coa finalidade de profundar no entendemento destes textos e tamén para desenvolver máis amplamente as tradicións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario