miércoles, 24 de marzo de 2021

Suso de Toro

 Xesús Miguel de Toro Santos (Santiago de Compostela, 1956) é un literato galego, que se presentou ás eleccións europeas. Licenciado en Arte Moderna e Contemporánea, é tamén guionista de televisión e colaborador habitual en prensa e radio. Publicou máis de vinte libros en galego de narrativa, teatro e ensaio.

Entre as súas novelas destaca Trece  badaladas (en castelán Trece badaladas), pola que recibiu o Premio Nacional de Narrativa en 2003​ e que foi levada ao cinema en 2002.​A súa obra está traducida a varias linguas e foi obxecto de estudo en diversas universidades europeas. O seu irmán,  Xelís de Toro, tamén é escritor.

En abril de 2010 anunciou a súa retirada como escritor profesional, retomando a súa carreira de profesor de lingua e literatura galega na secundaria. Ademais, tamén imparte clases de lingua portuguesa no Instituto de Educación Secundaria Rosalía de Castro (Santiago de Compostela)

Para as eleccións ao Parlamento Europeo de 2014, figura no posto doce da lista electoral dos Pobos Deciden, coalición de  Euskal  Herria  Bildu e Bloque Nacionalista Galego. Para as Eleccións ao Congreso Español do 20/12/2015, presentarase en Galicia na coalición nacionalista galega  Nós, Candidatura  Galega.


Fonte: https://es.wikipedia.org/wiki/Suso_de_Toro

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Despedida

 Tras longos meses de redacción e entradas, chega o fin dun curso,  ultimo da nosa etapa no colexio.  Queria agradecer a todos aqueles que e...