miércoles, 24 de marzo de 2021

Integrais

 A integración é un concepto fundamental do cálculo e da análise matemática. Basicamente, unha integral é unha xeneralización da suma de infinitos  sumandos,  infinitesimalmente pequenos: unha suma continua. A integral é a operación inversa á diferencial dunha función.

O cálculo integral, encadrado no cálculo infinitesimal, é unha rama das matemáticas no proceso de integración ou  antiderivación. É moi común na enxeñería e na ciencia; utilízase principalmente para o cálculo de áreas e volumes de rexións e sólidos de revolución.

Foi usado por primeira vez por científicos como Arquímedes, René Descartes, Isaac Newton,  Gottfried  Leibniz e Isaac  Barrow. Os traballos deste último e as achegas de  Leibniz e Newton xeraron o teorema fundamental do cálculo integral, que propón que a derivación e a integración son procesos inversos.

Poden semellar complicadas ou asustar nun primeiro momento, pero unha vez lles pillas o truco, son moi mecanicas e sinxelas.

Fonte: https://es.wikipedia.org/wiki/Integración

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Despedida

 Tras longos meses de redacción e entradas, chega o fin dun curso,  ultimo da nosa etapa no colexio.  Queria agradecer a todos aqueles que e...