miércoles, 28 de abril de 2021

Riot Games

  Riot  Games foi fundada en 2006 por  Brandon  Beck e Marc  Merrill coa intención de cambiar a forma en que se crean videoxogos para os xogadores. En 2009, lanzamos o noso primeiro xogo recoñecido mundialmente,  League  of  Legends. O xogo converteuse no xogo para  PC máis xogado no mundo e un factor crave do crecemento explosivo dos  esports. Os xogadores son a base da nosa comunidade e grazas a eles continuamos evolucionando e mellorando a experiencia de  League  of  Legends. A sede de  Riot  Games atópase en Los Ángeles,  California, e conta con 23 oficinas máis por todo o mundo.

Os nosos valores son o noso compás; guíannos ata quen queremos ser. Cara a eles miramos en busca de axuda cando non alcanzamos os nosos obxectivos, e a través deles avaliamos cada decisión que tomamos.

En 2012 redactamos un manifesto: unha declaración sobre quen criamos que eramos, unha nova empresa ao comezo da súa andaina. Fóronnos de gran axuda durante moitos anos, pero non evolucionaron connosco. Agora, necesitamos valores que representen quen queremos ser no

próximo capítulo.

A continuación, atoparedes os nosos valores actualizados. Falamos con máis de 1700 empregados de  Riot e preguntámoslles como debemos ser para cumprir o noso compromiso cos xogadores.  Co obxectivo de facer destes valores unha realidade, prometemos institucionalizalos en  Riot e facer que formen parte do día a día de todos os empregados:

Seguiremos investindo constantemente en fomentar unha contorna onde cada empregado poida crecer e alcanzar o seu máximo potencial.

Esforzarémonos para que os procesos sexan xustos e equitativos, e para que os empregados poidan confiar neles.

Os nosos líderes cumprirán cos valores e promoveranos de forma activa entre os seus equipos.

Queremos que  Riot sexa o mellor lugar de traballo para os máis apaixonados e comprometidos coa nosa misión.

Fonte: https://www.riotgames.com/es/quienes-somos/valores



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Despedida

 Tras longos meses de redacción e entradas, chega o fin dun curso,  ultimo da nosa etapa no colexio.  Queria agradecer a todos aqueles que e...