jueves, 1 de octubre de 2020

Informática na cidade da Coruña

 Na Facultade de Informática, do Campus Innova de Coruña, estúdase o grao en Enxeñería Informática. É o único centro de Galicia no que a carreira asegura a cobertura de todas as competencias que se poden adquirir hoxe en día no ámbito da enxeñería informática, pois os estudantes poden elixir, a partir de terceiro curso, entre algunha das cinco especialidades ou mencións existentes no sistema universitario español ou ben compaxinar dous delas: Computación, Enxeñería de  Computadores, Sistemas de Información, Tecnoloxías da Información e Enxeñería do Software.

Nos dous primeiros cursos e o primeiro cuadrimestre de terceiro estúdanse materias básicas e obrigatorias como programación, sistemas intelixentes, algoritmos, cálculo, álxebra, tecnoloxía electrónica, redes, deseño software ou xestión de proxectos. O resto das materias son específicas de cada unha das especialidades mencionadas. É unha titulación plurilingüe, polo que se pode optar a cursar parte da carreira en inglés.

A profesión de enxeñeiro informático é transversal e pode desenvolverse nas administracións públicas ou no sector privado, tanto se é do sector das tecnoloxías da información e as comunicacións coma se é o departamento de informática calquera tipo de empresa ou consultoría. Os profesionais xestionan sistemas informáticos e redes de comunicación, desenvolven software, controlan a seguridade ou asumen a dirección ou execución de plans de innovación tecnolóxica. ambiente, automática, materiais, organización industrial, produción, enxeñería do deseño, enxeñerías de construción e instalacións industriais, enxeñería do automóbil e enxeñería do transporte

Trátase dunha carreira cun moi elevado nivel de inserción laboral, pola amplitude multidisciplinar dos campos en que poden desenvolver a súa profesión. Intégranse en departamentos de produción, calidade, loxística, I+D, produción ou planificación. Realizan traballos como deseños de novos materiais, proxección e explotación de parques eólicos, centrais hidráulicas, pilas de combustible, construcións  bioclimáticas, etcétera.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Despedida

 Tras longos meses de redacción e entradas, chega o fin dun curso,  ultimo da nosa etapa no colexio.  Queria agradecer a todos aqueles que e...