A xeometría do espazo (tamén chamada xeometría espacial) é a rama da xeometría que se encarga do estudo das figuras xeométricas voluminosas que ocupan un lugar no espazo; estuda as propiedades e medidas das figuras xeométricas no espazo tridimensional ou espazo euclídeo. Entre estas figuras, tamén chamadas sólidos, atópanse o cono, o cubo, o cilindro, a pirámide, a esfera, o prisma, os poliedros regulares (os sólidos platónicos, convexos, e os sólidos de Kepler- Poinsot, non convexos) e outros poliedros.
A xeometría do espazo amplía e reforza as proposicións da xeometría plana, e é a base fundamental da trigonometría esférica, a xeometría analítica do espazo, a xeometría descritiva e outras ramas das matemáticas. Úsase amplamente en matemáticas, en enxeñería e en ciencias naturais.
Fonte: https://es.wikipedia.org/wiki/Geometr%C3%ADa_del_espacio
No hay comentarios:
Publicar un comentario