Obxectivos
Este dobre Grao pretende dotar ao alumnado do rigor, capacidade de abstracción e argumento lóxico que caracteriza o pensamento matemático á vez que adquiren as habilidades necesarias para elaborar modelos aplicados á resolución de problemas físicos.
A formación experimental e computacional proporcionaralles ferramentas para verificar a validez dos modelos propostos así como evidencias para a elaboración doutros.
Competencias básicas
Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo;
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo;
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética;
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado;
Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Este Grao e considerado como un dos máis dificiles en canto a acceso e estudos polos estudiantes preuniversitarios (e seguramente dos universitarios). A súa media e as dúas carreiras que engloba son probablemente das máis complicadas vistas dende o exterior, dado o terror que infunden estas ao longo dos estudios obrigatorios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario