O interese da titulación vén determinado polas características das dúas materias básicas que a constitúen: Automática e Electrónica Industrial. Estas materias impulsaron un cambio importante na actividade económica debido á maior presenza da automatización e intelixencia en procesos e produtos, cada vez máis complexos, soportándose na informática e as comunicacións. Hoxe en día non se pode concibir unha liña de produción sen un elevado grao de automatización e unha xestión da información, informatizada e integrada en varios niveis.
Doutra banda, a humanidade está a asistir á extinción dos combustibles fósiles e estanse realizando fortes investimentos na investigación e desenvolvemento de fontes con novas formas de enerxía. As novas técnicas de conversión no campo da electrónica de potencia ocupan un papel decisivo.
Os produtos e sistemas actuais tenden cara a unha maior funcionalidade e precisión, baseada na integración de compoñentes informáticos, sensores e da microelectrónica. Este é o campo de actuación do grao en Enxeñería en Electrónica Industrial e Automática, e implica, unhas competencias profesionais que outras titulacións non poden cubrir.
Fonte: https://eei.uvigo.es/es/estudios/grados/grado-en-ingenieria-en-electronica-industrial-y-automatica/
No hay comentarios:
Publicar un comentario