sábado, 2 de enero de 2021

Xeometría espacial

 A xeometría do espazo (tamén chamada xeometría espacial) é a rama da xeometría que se encarga do estudo das figuras xeométricas voluminosas que ocupan un lugar no espazo; estuda as propiedades e medidas das figuras xeométricas no espazo  tridimensional ou espazo  euclídeo. Entre estas figuras, tamén chamadas sólidos, atópanse o cono, o cubo, o cilindro, a pirámide, a esfera, o prisma, os  poliedros regulares (os sólidos  platónicos,  convexos, e os sólidos de  Kepler- Poinsot, non  convexos) e outros  poliedros.

A xeometría do espazo amplía e reforza as proposicións da xeometría plana, e é a base fundamental da  trigonometría esférica, a xeometría analítica do espazo, a xeometría descritiva e outras ramas das matemáticas. Úsase amplamente en matemáticas, en enxeñería e en ciencias naturais.


Fonte: https://es.wikipedia.org/wiki/Geometr%C3%ADa_del_espacio



Three tales of terror and mistery

 Three tales of terror and mistery é o título do libro que estamos a ler para a asignatura de ingles. Trata tres historias diferentes, cada cal dura catro capítulos e trata temas completamente diferentes.

O primeiro conto desenvolve a historia dun amante dos insectos, que é contratado para levar a cabo unha misión para a cal só el servirá. O conto remata de xeito agradable, cunha mision exitosa.

O segundo conto narra en retrospectiva o ocorrido nun tren hai uns anos, sucesos que remataron cunha morte que se ira destapando cara o final da historia.

O ultimo capítulo esta reservado para á terceira avaliación, asi que xa se vera que trata, pero pola portada podemos dicir que algun felino aparecera como protagonista e, seguindo a liña das outras dúas, seguramente sexa unha historia certamente interesante.


Antonio Cánovas del Castillo

 Antonio Cánovas del Castillo foi un político e historiador español, figura capital da política española da segunda metade do século  XIX, sendo autor do Manifesto de Manzanares publicado ao comezo do Bienio progresista, un prominente membro dentro da Unión Liberal, principal  valedor de Alfonso  XII e o maior artífice do sistema político da Restauración, converténdose no máximo dirixente do Partido Conservador, que el mesmo creou. Exerceu o cargo de presidente do Consello de Ministros en seis ocasiones, alternando o poder, principalmente, co seu rival político  Práxedes Mateo  Sagasta.

Baixo o seu goberno aprobouse a Constitución de 1876 e contribuíu ao sistema de quenda pacífica, mediante o cal creou unha aparencia de democracia que poñía fin á inestabilidade política que arrastraba o país desde décadas anteriores. Dita estratexia afianzouse en 1885 no Pacto do Pardo, co propósito de evitar que a inminente morte do rei Alfonso  XII volvese desestabilizar a política española. Os seus gobernos estiveron marcados, principalmente, por un maior desenvolvemento do capitalismo no económico, a creación do Código de Comercio no xurídico, os conflitos con Cuba que desembocaron na guerra de Independencia cubana, e as crecentes tensións con anarquistas e outros colectivos obreiros, sendo asasinado en 1897, durante o seu sexto mandato, polo anarquista  Michele  Angiolillo.


Fonte: https://es.wikipedia.org/wiki/Antonio_C%C3%A1novas_del_Castillo



Ondas

 En física, unha onda consiste na propagación dunha perturbación dalgunha propiedade do espazo, por exemplo, densidade, presión, campo eléctrico ou campo magnético, implicando un transporte de enerxía sen transporte de materia. O espazo perturbado pode conter materia (aire, auga, etc.) ou non (baleiro).


Fonte: https://es.wikipedia.org/wiki/Onda



Arco capaz

 No ámbito da xeometría, coñecese como arco capaz dun segmento a aquel formado por todos os puntos dende os cales os extremos do segmento se observan baixo un ángulo constante.

Dito de outra forma, se collemos un punto, trazamos rectas ata os extremos do segmento e medimos o ángulo que forman, todos os puntos do arco capaz ao que o escollido pertenza, formaran sempre ese angulo entre as suas rectas.

Estes elementos poden non parecer moi utiles a simple vista, pero combinando varios poden ser moi útiles en localizacións e planos para estructuras máis atrevidas.



Oraciones simples e compostas

 Dentro dos distintos tipos de oracións que podemos atopar, distinguimos dous grandes grupos: simples e compostas. As primeiras non teñen maior dificultade, simplemente teñen un verbo e a dificultade pode residir na concreción do tipo de frase.

Non obstante, as oracións compostas poden chegar a dificultarse máis na análise, pois nestas tes distintos grupos, os cales cada un analizase de forma distinta, polo que non debes fallar ao recoñecelas, ou a análise irache por completo mal.

En resumo, conven ter claro o que diferencia ás distintas oracións, pois nestas pode ser que o significado esté máis agochado do que pensamos.



Enxeñería Electrónica UDC

Na carreira de enxeñería electrónica da UDC, estudarás en primeiro lugar a base científica e técnica común a todo enxeñeiro, para continuar con coñecementos da rama industrial; finalmente, cursases as materias da especialidade de electrónica industrial e automática. En  optatividad, ademais de poder elixir Prácticas en empresa ou Prevención de Riscos Laborais, poderás optar por unha intensificación en Industria 4.0 con materias de plena actualidade como: Fabricación  aditiva, Realidade aumentada e simulación de procesos, Internet das cousas ( IoT), Robótica, Big Data e Análise de Datos ou outra na que profundarás en Robótica, Electrónica e Control con materias como:  BIM e edificios intelixentes, Robótica Industrial, Control Avanzado, Control Intelixente e Sistemas de Supervisión e Deseño de Equipos Electrónicos.


Fonte: https://estudos.udc.es/es/study/detail/770g01v01


Despedida

 Tras longos meses de redacción e entradas, chega o fin dun curso,  ultimo da nosa etapa no colexio.  Queria agradecer a todos aqueles que e...